martes, octubre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas sobe ao nivel alto de restricións

Ponteareas sobe ao nivel alto de restricións

O Subcomité Clínico vén de aumentar o nivel de restricións en Ponteareas: consumo só nas terrazas e ao 50%

A partir do luns 26 de abril, rexerán en Ponteareas as medidas do nivel alto de restricións. Isto implica que, ao inicio da semana que vén, non estará permitido o consumo no interior dos locais da hostalería do municpio e redúcese o aforamento nas terrazas ata a metade da capacidade, ao 50%. Este concello do Condado presenta a incidencia máis alta das comarcas con máis de 125 contaxios por 100.000 habitantes con 35 casos novos nunha semana e 49 en dúas. Gondomar e Vigo seguen no nivel medio de restricións.

A mobilidade continúa sendo plena en toda a comunidade agás nas localidades que se sitúan no nivel máximo de restricións, que son Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa. Destes municipios, non se pode nin entrar nin saír agás por causas xustificadas.

Xunto a Ponteareas, rexerán as medidas do nivel alto en Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño e Ribadumia.

No nivel medio, sitúanse os concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Trabada, Barreiros,Sanxenxo, Cangas, Gondomar, e Vigo. No resto de municipios galegos, estarán vixentes as estricións fixadas do nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 26 de abril.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS