lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasLouriñaMedidores de CO2 gratuítos para os hostaleiros de Mos

Medidores de CO2 gratuítos para os hostaleiros de Mos

O Concello, en colaboración coa entidade RodaVigo, entrega 75 dispositivos a todos os negocios de restauración converténdose así en municipio pioneiro en Galicia.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo anunciaba fai uns días de que viña de facerlle un pedido á empresa mosense RodaVigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de restauración do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.

Nidia Arévalo:

Deste xeito a alcaldesa declarou ao respecto desta medida municipal de apoio aos hostaleiros que “desde esta administración local consideramos que a restauración precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada, de xeito que estamos en constante busca de posibles vías de colaboración asumibles desde o Concello e esta é una delas”. A rexedora local mosense informou ademais de que o pedido xa está realizado e a entrega aos hostaleiros dos medidores de CO2 realizarase esta semana, entre o mércores e xoves.

O director xeral de RodaVigo, Nazario Correa, destaca que “atopar este dispositivo non é algo tan sinxelo, non está en calquera tenda de electrodomésticos, aínda que é seguro que se vai a popularizar de forma inmediata”.

Nazario Correa:

Coa obriga de implantalos para controlar a calidade do aire nos establecementos, e ante as dificultades de atopalos no comercio de a pé, os propietarios acuden de inmediato a Internet, algo que non terán que facer neste caso os hostaleiros mosenses pois disporán do seu medidor dende esta semana.

Precisamente, esta mañá a alcaldesa e o director xeral de RodaVigo, xunto coa concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, achegáronse ata dous dos establecementos máis emblemáticos do municipio, restaurante Esteban en Sanguiñeda e tapería Lano en San Rafael (Pereiras), para facerlles entrega dos seus medidores a Esteban Cidanes e Lano Casal.

Esteban Cidanes:

Lano Casal:

 

Labor social

A empresa RodaVigo doara xa, o pasado ano, ao Concello de Mos 2.000 máscaras de protección FFP2 para repartir entre nenos de 3 a 14 anos e agora volta a colaborar coa administración local aportando o 50% do custe dos dispositivos medidores de C02

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS