sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán duplicará os beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar

Nigrán duplicará os beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar

O Concello levará a pleno o contrato de licitación do SAF, que priorizará a calidade do servizo e ascenderá a 580.000 euros anuais.

O goberno de Nigrán presentará no pleno ordinario de abril o novo prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), actualmente prorrogado, aumentando a licitación de 165.000 euros anuais a 580.000 euros e primando a calidade sobre a oferta económica. A duración será de dous anos con posibilidad de aumentalo a outros dous (de 2021 a 2025) sumando un total de 2.319.000 euros, cifra histórica neste servizo de carácter social.

Este gran incremento responde, principalmente, á vontade do goberno local de duplicar o número de beneficiarios, sendo actualmente unhas 60 persoas. O importe da licitación supón máis dun 10% dos recursos ordinarios do orzamento, polo que o alcalde, como fixo coa tramitación da Biblioteca Municipal con toda a corporación a favor, levará ao vindeiro Pleno do 26 de abril unha petición de delegación de competencias para poder levar adiante a contratación.

«Este servizo clave da nosa política municipal ‘Un Nigrán para todos’ é básico para mellorar a calidade de vida das persoas dependentes porque atende prácticamente a todos os aspectos da súa vida cotiá para que poidan seguir nos seus domicilios sen caer na exclusión social, ademais, é compatible con outros servizos como Xantar na Casa», destaca o alcalde, Juan González.

Desde o Concello destacan a principal novidade, que é que puntúa a garantía da calidade do servizo (51 puntos) por riba da mellor oferta económica (49 puntos) e inclúe tamén como baremo a mellora das condicións laborais dos empregados co obxectivo de garantir máis xornadas laborais completas. Ademais, o contrato por vez primeira dá cobertura a todos os días da semana incluídos sábados pola tarde, domingos e festivos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES