jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsComarcasBaiona, no nivel máis baixo de restricións

Baiona, no nivel máis baixo de restricións

O Comité Clínico que asesora á Xunta  na xestión da pandemia inclúe a Baiona no nivel medio-baixo:  o municipio amplia aforamentos na hostalería

Así, o Comité Clínico vén de decidir que o concello de Baiona baixe o nivel medio-baixo de restricións logo de varias xornadas no medio. Isto quere dicir, que se amplian os aforamentos da hostalería: ata o 50% no interior dos locais e ata o 75% nas terrazas. Esta medida entra en vigor o venres día 16. Non hai máis cambios nas comarcas ao manter a Gondomar, a Soutomaior e ás Neves no nivel medio.

Pola súa banda,a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.

A mobilidade continúa sendo plena en toda a comunidade, agás nos concellos nos que rexen as máximas restricións. Neste caso, son Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS