sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísGalicia aposta por esixir "reserva" para ampliar a hostalería

Galicia aposta por esixir «reserva» para ampliar a hostalería

A Xunta valora como requisitos para ampliar o horario da hostalería en Galicia: reserva de mesa, rexistro de clientes e medidores de CO2. Actualmente a hostalería pecha ás 21.00 horas polo que resulta inviable ir cear fóra. É unha medida pensada para a ampliación do toque de recollida tamén.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou na súa comparecencia no Parlamento que de acordo aos datos «estables» na comunidade, está a realizarse un «especial esforzo» para avanzar no plan de hostalaría segura e permitir que os establecementos abran durante máis horas. Esta posibilidade está condicionada ao adiamento do toque de queda, que está agora nas 22.00 horas.

García Comesaña explicou que está sobre a mesa a ampliación da apertura dos restaurantes, para os que se expoñen, ademais de medidas de control de aforamento, a existencia de cita previa ou reserva para os servizos, rexistro de clientes e instalación de medidores de CO2 en interiores para frear a propagación do virus.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS