sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAtopan unha camada de cans con hipotermia nun contedor de Tui

Atopan unha camada de cans con hipotermia nun contedor de Tui

A Protectora de Animais Aloia de Tui precisa unha cadela de cría para amamantar a unha camada de cachorros abandonados no interior dun contedor, con apenas dous días de vida.

A pasada noite, a protectora recibiu a chamada da Policía Local avisando do achado. Non é a primeira vez que a Asociación acolle animais botados no mesmo contedor de Tui, emprazado nas Bornetas, na zona da ponte que ten un mural que pon “Benvidos a Tui”; polo que, dende a protectora, denuncian a reincidencia deste “monstro”. Dentro dunha bolsa, mollados e con hipotermia, estaban os cans.

“Precisamos con urxencia nai nodriza (unha cadela que teña cachorros e así poida alimentalos). Faremos todo o posible para que sobrevivan”, manifestou a Protectora Aloia dende a súa páxina de Facebook, ao mesmo tempo que piden información aos veciños para poder atopar o responsable do abandono.

As persoas que podan colaborar coa asociación para salvar a vida destes cans poden chamar ao teléfono 675.696.178.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS