lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves e Mondariz-Balneario rozan o nivel de alerta máxima por COVID

As Neves e Mondariz-Balneario rozan o nivel de alerta máxima por COVID

Na mellor situación están O Rosal, Arbo, Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz, sen ningún contaxio nos últimos 14 días.

Poucos cambios nesta xornada de domingo no mapa diario no que a Xunta informa da evolución da COVID nos concellos galegos. Os contaxios estabilízanse na Área Sanitaria de Vigo, aínda que con algún repunte, como é o caso da cidade olívica, que suma 20 casos máis positivos de coronavirus que o día anterior. En total, Vigo ten 217 contaxios, pero a incidencia mantense baixa, entre os 25 e 75 casos por 100.000 habitantes.

Por outra banda, os Concellos que, aínda que teñen entre 1 e 9 contaxios, rozan o nivel de alerta máximo, son As Neves e Mondariz-Baleneario. Ambos municipios acumulan a 7 días unha incidencia de entre 125 e 250 casos positivos por 100.000 habitantes; a peor evolución da Área Sanitaria.

Na mellor situación están O Rosal, Arbo, Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz, sen ningún contaxio de COVID nos últimos 14 días. Oia e Tomiño, que na xornada de onte non presentaban ningún caso a 7 días, hoxe xa rexistran entre 1 e 9 casos.

Nese abano de ente 1 e 9 casos están a maioría de concellos: A Guarda, Tui, Baiona, Gondomar, Nigrán, Porriño, Mos, Ponteareas, Salvaterra, Redondela, Pazos de Borbén, Crecente e A Cañiza. De entre todos, Porriño e Mos presentan a mellor evolución, cunha incidencia acumulada a 7 días de menos de 10 casos por 100.000 habitantes. A melloría é significativa sobre todo en Mos, que a 14 días presentaba unha incidencia de entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes.

Tamén melloraron Gondomar e Baiona, que se atopan nivel medio de restricións. Os dous municipios teñen nos últimos 7 días unha incidencia de entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes que se afasta da que tiñan a 14 días, de ente 50 e 150 en Baiona e 150 e 250 en Gondomar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS