sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasO CondadoEvacuado en helicóptero tras caer da bicicleta en Ponteareas

Evacuado en helicóptero tras caer da bicicleta en Ponteareas

Un mozo resultou ferido de consideración esta mañá nunha zona de monte de Ponteareas despois de caer da bicicleta que manexaba, no lugar de Ganade.

O 112 Galicia recibiu a alerta da situación do home ás 10:00 horas, a través dun compañeiro do ferido.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao mozo e no que foi evacuado ao Hospital da Coruña.

Ademais, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia alertouse á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES