viernes, abril 19, 2024
InicioActualidadePenínsula e mundoA vacina de AstraZeneca é "segura e eficaz" segundo a EMA

A vacina de AstraZeneca é «segura e eficaz» segundo a EMA

A Axencia Europea do Medicamento vén de concluír que o antídoto da farmacéutica de AstraZeneca é «segura e eficaz» .

De feito, o comité de farmacovixilancia da Axencia Europea do Medicamento (EMA) determina, á vez, «que a taxa de trombose entre as persoas vacinadas con AstraZeneca é máis baixa que a que se detecta na poboación xeral» e que polo tanto a formulación contra a COVID-19 «é segura e eficaz», segundo dixo a súa presidenta, Sabine Straus en conferencia de prensa.

Pola súa banda, a directora da EMA, Emer Cooke, insisitu en que «non é posible relacionar os eventos de trombose coa dose da vacina» así que «os beneficios superan, de lonxe, aos riscos», engadiu Cooke en relación á subministración do antídoto de AstraZeneca. Quixo recalcar a directora que «a opción desta farmacéutica é unha opción sa e efectiva para protexer á cidadanía fronte o virus».

 

Pausa de 15 días en España

Hai tres días que o Ministerio de Sanidade, xunto coas Comunidades Autónomas, decidiron no Consello Interterritorial pausar durante 15 días a vacinación fronte á COVID-19 coas dose de AstraZeneca logo de que se detectara un caso de trombose en España. En Galicia, o SERGAS empregou este antídoto para unha inmunización masiva a 14.504 cidadáns, espalladas polas distintas áreas sanitarias da comunidade o pasado sábado.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES