martes, abril 16, 2024
InicioNewsComarcasSanidade detecta 12 positivos no Val Miñor e no Baixo Miño cos...

Sanidade detecta 12 positivos no Val Miñor e no Baixo Miño cos cribados

Sanidade vén de realizar senllos cribados nos municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui e Tomiño no que detectou en total  casos

 Dous veciños do concello de Baiona, outros dous no concello de Tui e 8 no municipio de Tomiño deron positivo en COVID-19 nos  que o SERGAS puxo en marcha nas distintas localidades hai uns días. En Nigrán e Gondomar non se detectou ningún caso entre a súa veciñanza. Foi a localidade tudente a que rexistrou unha maior participación co 62,3%.

Estes son os datos que reporta Sanidade:

  • Concello de Baiona: 2.000 citados, 961 cribados (48% de participación) e ningún positivo.
  • Concello de Nigrán: 2.000 citados, 1.043 cribados (52% de participación) e 2 positivos Concello de Gondomar: 2000 citados, 1132 cribados (56,6% de participación) e ningún positivo
  • Concello de Tui: 2000 citados, 1.246 cribados (62,3% de participación) e 2 positivos
  • Concello de Tomiño: 2.000 citados, 871 cribados (43.5% de participación) e 8 positivos.

Neste contexto, cabe informar que a Xunta continúa repetindo os cribados poboacionais. Así, estase citando a 4.000 persoas de Cangas para realizar esta fin de semana a proba PCR nos Covid Auto dos hospitais , e a próxima semana se convocarán a 2.800 persoas de Moaña.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES