martes, octubre 15, 2024
InicioComarcasLouriñaAsfalto con fochancas remendadas na autovía A-55

Asfalto con fochancas remendadas na autovía A-55

Periodicamente o Ministerio de Movilidad, antigo Fomento, ordea reparar as fochancas da A-55 para a conservación do seu asfalto, especialmente en Mos, nas populares curvas de Tameiga,  pero ao pouco tempo os remendos fallan e milleiros de condutores padecen un asfalto moi deteriorado.

Entre as estradas con máis accidentes de toda España está a autovía A-55, que conecta Vigo e Tui e que usan centos de vehículos a diario.Ten un asfalto altamente deteriorado o que o fai aínda máis perigosa, especialmente nas coñecidas curvas de Tameiga, ao seu paso por Mos. Neste punto concéntranse o 80% dos accidentes que rexistra toda a autovía.

Os condutores opinan que os remendos non son unha solución, que a A-55 clama unha nova capa de rodadura.

Reflexo da perigosidade desta autovía é a súa velocidade máxima nalgúns tramos, os 60 quilómetros por hora, a mínima permitida en autovías e autopistas.

Entre os que se queixan a  alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. Asegura que no Ministerio de Movilidad non atenden nin o teléfono nin os correos electrónicos coas demandas deste concello tan afectado por distintas infraestruturas viarias.

Mos propón como alternativa  que se libere de peaxe a autopista AP-9 entre Puxeiros de O Porriño para minguar o tráfico na sobrecargada A-55 .

Nos orzamentos xerais do Estado non figura partida alguna para a reforma deste vial neste exercizo. Desde Si Radio preguntámoslle ao ministerio, e polo de agora descarta realizar actuacións en profundidade, máis aló da reparacións puntuais das fochas como a efectuada esta mesma semana para a conservación ordinaria da A-55.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS