sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasVigoO presunto homicida de Chapela buscaba droga e cartos

O presunto homicida de Chapela buscaba droga e cartos

O presunto homicida do crime de Chapela, en Redondela, non pretendía matalo cando acudíu á súa vivenda a roubarlle droga e cartos. Algúns dos datos da investigación fíxoos públicos en rolda de prensa o comisario xefe de Vigo e Redondela, Carlos Alfonso.

A vítima véndialle, supostamente, droga ao presunto homicida. Este pensaba que estaba adulterada e acudíu á súa casa para roubarlla, así como tamén os cartos que podería ter polo seu negocio de menudeo.

A morte segundo o comisario produciuse por sufocación, xa que o agora detido lle tapou o nariz e a boca.

Maniatouno de pés e mans e botoulle un chaleco por riba.

«Foi unha investigación moi complexa porque citamos a declarar os presuntos compradores de droga», destacou o comisario.

Inicialmente, a Policía pensaba que poderían ser dúas as persoas implicadas no suceso, pero finalmente comprobouse que só interviu o detido.

O detido  acusado de matar a un veciño en Chapela pasou a disposición xudicial esta mañá en Redondela. Inicialmente negou os feitos.

O homicidio que conmocionou a toda a parroquia acontecía o pasado 30 de xaneiro. Un home aparecía morto no interior da súa casa, cos pés e as mans atadas e a cabeza cuberta.

O comisario xefe de Vigo e Redondela deu este mediodía unha conferencia de prensa para facilitar información sobre a investigación.

Roberto C.P., de 51 apareceu morto, coas mans atadas e amordazado na súa casa. O corpo foi localizado na súa vivenda, preto da baixada á praia de Arealonga, onde este veciño acostumaba saír co seu can.

Os axentes xa rexistraron a vivenda do sospeitoso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES