sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño inxectará 140.000 euros a autónomos e microempresas

Porriño inxectará 140.000 euros a autónomos e microempresas

Todos os grupos da corporación amosaron o seu acorde con este plan de axuda económica directa ao sectores máis afectados pandemia da Covid, que se ratificará na vindeiro pleno.

A xunta de portavoces do Concello do Porriño vén de dar o seu visto bo ao plan de axudas Covid para a hostalería, autónomos e microempresas que se levará para a súa aprobación definitiva, como así confía o goberno municipal, ao vindeiro pleno que se celebrará na última semana do mes.

David Alonso:

«Temos que comunicar que todos os grupos políticos expresaron o seu acordo con esta convocatoria de axudas á hostalería, empresas, autónomos e outras actividades que estaban pechadas total ou parcialmente», manifestou David Alonso, concelleiro de Promoción Económica en relación ao debate celebrado na reunión de portavoces municipais celebrada na tarde deste martes. «Agardamos as achegas que os grupos municipais poidan facer nos próximos días e confiamos en que este plan de axudas dotado con 140.000 euros sexa aprobado no pleno deste mes que celebraremos en breve», engadiu.
O concelleiro de Promoción Económica, que presentou a proposta na xunta de portavoces, sinalou que entre as liñas de axuda, «Porriño incorpora como novidade o que chamamos liña 4, que permitirá destinar a subvención municipal para sufragar os gastos de compra de mercadoría relacionada coa reapertura da actividade económica «.

David Alonso

As outras tres liñas que aparecen nas bases da convocatoria son para gastos de aluguer e gastos xerais (dende o 1 de xaneiro deste ano), gastos relacionados á implantación do comercio en liña e para amortizar gastos correntes do cumprimento da normativa sanitaria anti-Covid.

A proposta presentada polo goberno municipal porriñés contempla unha contía destinada a esta liña de subvencións cun importe total de 140.000 euros. Para elo contan coa axuda da Deputación Provincial, que autoriza a utilización do 20% da liña 1 do Plan Concellos para financiar achegas económicas directas por importe de 57.861,02 euros, aportando o Concello, dos recursos propios, a cantidade de 82.138,98 euros ata acadar así a cifra total na presente convocatoria, o que supón un 1% do orzamento municipal total en vigor.

Entre 1.200 e 1.500 euros por beneficiario

O límite por beneficiario establécese na cantidade de 1.500 euros para aqueles sectores que sufriron o peche total e 1.200 euros para aqueles outros que estiveran limitados no horario de apertura ao público ou sufriran perdas significativas.

Este programa de axudas económicas directas, e sempre caso de acadar a súa aprobación no próximo pleno da corporación municipal, publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e de seguido abriríase o prazo para presentar as solicitudes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS