martes, junio 6, 2023
Google search engine
InicioComarcasO CondadoFerido grave un veciño de Mondariz atrapado por un arado

Ferido grave un veciño de Mondariz atrapado por un arado

O home, un varón de 50 anos, tivo que ser evacuado en helicópetero tras sufrir un accidente mentres araba o finca da súa casa.

Un veciño de Mondariz tivo que ser evacuado en helicóptero na tarde de hoxe logo de sufrir un accidente mentres traballaba na súa casa. O home, un varón de 50 anos, estaba arando a súa finca cando lle quedaron as pernas atrapadas polas aspas da maquinaria agrícola. Os berros de dor alertaron a un familiar, que de contado pediu axuda ao 112.

Os bombeiros de Porriño e de Ponteareas traballaron conxuntamente para tentar liberar á vítima, que tivo que ser medicada polos servizos médicos. O operativo de liberación durou unha hora, pois a coxa da perna dereita estaba incrustada nas aspas do chimpín.

Ante a gravidade do accidente, os sanitarios decidiron trasladar ao home en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Aínda que as feridas eran de gran consideración, o home non perdeu ningún membro.

Ademais dos bombeiros de Ponteareas e de Porriño, tamén asistiu ao ferido unha ambulancia medicalizada, un helicóptero e a Garda Civil.

O suceso tivo lugar ás cinco da tarde no lugar de Penalonga, en Mondariz.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES