lunes, octubre 7, 2024
InicioNewsO PaísVilardevós, Paradela e Maside, no nivel máximo de restricións

Vilardevós, Paradela e Maside, no nivel máximo de restricións

 O Comité Clínico decide que nos concellos de Vilardevós, Maside e Paradela debe rexer o nivel máximo de restricións a partir do venres.

Así, Vilardevós e Paradela continúan coas restricións máximas e Maside empeora a súa situación epidemiolóxica polo que se sitúa tamén no nivel máis restritivo da comunidade. Pola súa banda, A Mezquita e Boborás descenden ao nivel alto, no que se mantén Soutomaior, e ao que soben Arteixo e Neda. Estas novas entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres 19 de marzo.

Nos restantes municipios da comunidade galega rexerán as medidas fixadas no nivel medio.Sobre se se amplían os horarios de apertura da hostalería e se se aumenta os aforos no interior e no exterior dos locais informará mañá o presidente galego, Alberto Núñez Feiijóo, nunha conferencia de prensa.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS