miércoles, septiembre 27, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaUn home de avanzada idade falece nas vías do tren no Porriño

Un home de avanzada idade falece nas vías do tren no Porriño

Sucedeu este mediodía á altura da rúa Leandro Diz, sobre o paso subterráneo que divide o centro da vila co paseo do río Louro.

Ás 12.05 horas deste venres un tren de mercadorías que pasaba á altura da vila do Porriño viu interrompido a súa traxectoria logo de levar por diante a unha persoa que, por causas descoñecidas, se atopaba nas vías, nun lugar non apto para o paso.

As primeiras informacións sinalan a un varón duns 70 anos de idade, aínda se identificar.

A vía férrea permanece pechada á espera da chegada da forense para o levantamento do cadáver.

Ao lugar do sinistro acudiron Bombeiros do parque comarcal do Baixo Miño, persoal do centro de saúde do Porriño, efectivos da Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil que é quen leva a investigación do caso.

O suceso tivo lugar á altura da rúa Leandro Diz, moi preto de onde hai habilitado dende hai anos un paso subterráneo peonil que serve para cruzar a vía e ir do casco urbano ao chamado camiño da ruta do colesterol.

ARTIGOS RELACIONADOS
- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES