lunes, octubre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia tarda sete meses en baixar dos 3.000 positivos de COVID

Galicia tarda sete meses en baixar dos 3.000 positivos de COVID

Custou pero chegou a cifra. Despois de sete meses por riba dos 3.000 casos activos de COVID-19, Galicia ten hoxe 2.931 positivos. Nos hospitais galegos hai 330 persoas con coronavirus, datos similares aos de decembro de 2020.

Na última xornada detectáronse 167 novos positivos pero as altas médicas conseguiron baixar os casos activos ata 2.931 positivos. Por áreas sanitarias, a da Coruña con máis de 1.100 casos segue duplicando á segunda no ránking de contaxiados, Vigo, con 532.

A Coruña: 1.106 (-27)

Vigo: 532 (-11)

Pontevedra: 342 (-42)

Santiago: 314 (-10)

Lugo: 210 (-26)

Ferrol: 227 (-31)

Ourense: 199 (-14)

Nos hospitais o número de ingresados por coronavirus sitúase como antes do efecto do Nadal, en decembro. Hai 330 persoas hospitalizadas, 18 menos que 24 horas antes. En planta están 257 persoas e na UCI 73 ingresados, ao saír das unidades de graves catro persoas na última xornada.

Os falecementos non cesan. Na última xornada finaron 5 persoas diagnosticadas de coronaviurs, chegando a un total de 2.289 persoas falecidas en Galicia desde o incio da pandemia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS