martes, abril 16, 2024
InicioNewsA RaiaA fronteira con Portugal, pechada até despois de Semana Santa

A fronteira con Portugal, pechada até despois de Semana Santa

Os gobernos de España e Portugal acordaron manter pechadas as súas fronteiras na Semana Santa para evitar os desprazamentos entre ambos países durante as vacacións. Era a previsión e aínda que a situación epidiemolóxica mellorou a ambos lados da raia, non queren empeorala.

Confirmouno o primeiro ministro luso, Antonio Costa, por acordo de ambos executivos. As fronteiras terrestres entre os dous países da península Ibérica están restrinxidas desde o 31 de xaneiro e só se permite cruzar en casos xustificados.

Está aberta a ponte de Tui as 24 horas para a cidadanía que ten causas xustificadas para cruzar. Tamén a ponte de Arbo-Melgaço e a de Salvaterra-Monçao se abre, de luns a venres, tres horas pola mañá e tres horas pola tarde, nuns horarios que aos traballadores transfronteirizos que traballan por quendas non lles serve. Son os mesmos horarios que teñen os pasos fronterizos de A Madalena-Ponte da Barca, no concello ourensán de Lobios, e no de  Manzalvos-Moimenta na Mezquita. O horario de paso controlado é de  7.00 a 10.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Desescalada en Portugal

Os centros de ensino ata os nove anos, os salóns de peiteado e as librerías serán as primeiras en desconfinarse en Portugal e poderán abrir a partir do próximo luns, cando arrincará a primeira fase dun plan de desescalada que non permitirá máis movemento ata despois de Pascua. Será unha reapertura «a contagotas», explicou hoxe o primeiro ministro António Costa ao presentar o plan de desconfinamento do país.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES