sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísReabertas as áreas da Coruña e Pontevedra desde o luns

Reabertas as áreas da Coruña e Pontevedra desde o luns

A partir do luns 8 de marzo, as áreas de Pontevedra e A Coruña deixarán de estar pechadas perimetralmente e cada concello terá as súas propias restricións segundo a súa situación individual. Anunciouno en rolda de prensa este venres o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Despois da reunión do subcomité clínico que asesora a Xunta nesta pandemia, Sanidade decide levantar os peches perimetrais das áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra-O Salnés, despois de facelo esta fin de semana xa da área de Ferrol. A decisión débese a mellora na evolución epidemiolóxica e na presión asistencial nos hospitais destas zonas.

A vindeira semana todos os municipios da área sanitaria da Coruña saen do nivel alto, incluída a cidade, excepto Miño, Ponteceso, Sobrado e Arteixo. Estes catro seguirán pechados perimetralmente e só coas terrazas funcionando.

No que respecta á área sanitaria de Pontevedra, todos os concellos pasan ao nivel medio salvo Cambados, Pontecaldelas e Vilanova de Arousa que van continuar no nivel 2 (alto).

García Comoesaña tamén anunciou que o concello de Soutomaior, que está en nivel máximo de restricións, se lle van unir os de Boborás, A Pobra do Brollón e A Mezquita.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES