sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasMondariz e Pazos de Borbén abandonan o nivel alto de restricións

Mondariz e Pazos de Borbén abandonan o nivel alto de restricións

Mondariz e o de Pazos de Borbén abandonan o nivel alto de restricións polo que pasan ao mesmo nivel que o resto dos municipios das comarcas. Mos continúa no nivel alto.

 

Así o vén de anunicar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na conferencia de prensa posterior á reunión do subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da COVID-19. Estas novas medidas entran en vigor na noite do domingo 7 de marzo para o luns 8 de marzo.

Con estas novidades, a hostalería de Pazos de Borbén e a de Mondariz pode abrir tamen ao 30% da capacidade no interior dos locais, ademais do 50% nas terrazas. Ao abandonar o nivel alto, os veciños e as veciñas de Mondariz e Pazos de Borbén poden desprazarse aos demais municipios das comarcas como Vigo, Ponteareas ou O Porriño, por exemplo. Iso si, a partir do luns, que é cando entran en vigor as medidas.

Deste xeito, Mos é o único concello da Área de Vigo que continúa no nivel alto polo que a hostalería só pode abrir ao 50 % do aforo nas terrazas e a mobilidade está permitida con outros municipios do nivel alto. Ningún deles das comarcas.

Pola súa banda, Soutomaior segue no nivel de máximas restricións e únese a el outros concellos doustras Áreas como Boborás, A Pobra de Brollón e A Mezquita.

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS