lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasLouriñaMos constitúe a Mesa Local da Saúde

Mos constitúe a Mesa Local da Saúde

Almorzos saudables na escola, actividades impartidas por enfermeiras a diferentes colectivos e outras deportivas dirixidas ás persoas maiores foron algunhas das propostas formuladas

 coincidindo co Día Mundial da Obesidade, e a petición do persoal de Enfermería do Centro de Saúde de Mos, celebrouse no Pazo de Mos a sesión constitutiva da Mesa Coordinadora dos Programas Municipais de Saúde, contando coa presencia do Xerente da Área Sanitaria de Vigo e do CHUVI, Javier Puente.

Sobre esta Mesa, que aglutina a diferentes colectivos municipais relacionados coa saúde, profesionais do ámbito e sector sanitario, a alcaldesa Nidia Arévalo declarou que “faise especialmente importante e necesiaria nun momento no que consideramos fundamentais este tipo de iniciativas dada a crise sanitaria derivada da COVID-19 na que nos atopamos inmersos».

Durante a celebración da Mesa formuláronse e planificáronse actividades a levar a cabo cos diferentes colectivos (escolares, adolescentes, mediana idade e maiores) por parte das enfermeiras. Presentouse o obradoiro de almorzos saudables na escola por parte da concelleira de Educación Julia Loureiro. E acordouse iniciar, despois da vindeira Semana Santa, un programa de actividades deportivas ao aire libre para maiores, organizadas en grupos moi reducidos e guiadas polos monitores deportivos municipais; para que este colectivo, moi activo no municipio e que é o que máis está a sufrir o illamento por mor da crise sanitaria, poida retomar o exercizo físico e a socialización que tanto lle convén e que tanto ansía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS