sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoDetidos na Guarda por roubar na casa reitoral e nunha clínica dental

Detidos na Guarda por roubar na casa reitoral e nunha clínica dental

A Garda Civil detivo a dous veciños da Guarda acusados pola presunta comisión de catro roubos cometidos durante o mes de febreiro en distintos establecementos da vila e no interior dun vehículo.

Las pesquisas realizadas por el equipo de investigación da Guarda Civil de Tui iniciaronse a raíz dunha denuncia presentada a principios de febreiro polo xerente dun hotel da Guarda que sufriu un intento de roubo no establecemento. Neste caso, o individuo, un guardés de 32 anos cun amplo historial delituoso, non conseguiu entrar ao local pese a romper os cristais da porta con dúas pedras.

A Benemérita puido pescudar que estaba implicado, ademais, no roubo dunha radial eléctrica no interior dunha furgoneta estacionada na vila esa mesma madrugada.

Días despois volveuse a vencellar a este veciño, xunto a outro guardés de 35 anos, cun roubo na casa reitoral, onde subtraeron varias cantidades de diñeiro en efectivo, e nunha clínica dental, de onde se levaron diñeiro e un robot aspirador.

Os presuntos autores destes roubos foron detidos e postos en liberdade, pendentes de presentarse no Xulgado de Tui cando sexan requiridos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS