viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaMos baixará outros impostos para compensar o "catastrazo"

Mos baixará outros impostos para compensar o «catastrazo»

Estúdase reducir a rodaxe, o tipo impositovo do IBI ao mínimo, así como o valor do solo para que o importe a pagar polos particulares sexa menor.

O Concello de Mos celebrou a primeira xuntanza da Comisión de Seguimento do novo Procedemento de Valoración Catastral constituída no último pleno como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal. A comisión está integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, os voceiros dos catro grupos integrantes da corporación e o secretario e a tesoureira municipais.
Desde o Concello, despois de que fose publicada sen previo aviso a revisión catastral con data 18 de febreiro, presentouse a pertinente alegación que aínda non foi respondida pois o prazo de presentación de alegacións remata este xoves 4 de marzo. Así mesmo, a maiores da alegación e solicitude de moratoria, o Concello de Mos porá en marcha unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos seus veciños. Medidas das que xa se deu conta na xuntanza e que son:
-Solicitar ao ORAL a posibilidade de máximo fraccionamento e facilidades de pago para os contribuíntes.
-Baixar o tipo impositivo do IBI ao mínimo.
-Reducir o imposto de rodaxe (atópase en estudo económico para establecer a rebaixa exacta que implicaría).
-Estudar con Catastro a posibilidade de baixar o valor do solo para que o importe a pagar polos particulares sexa menor.
Arévalo insistiu en que “o argumento de que esta revisión entra en vigor pola aprobación do Plan Xeral en 2017 é incerto, xa que as normas urbanísticas do Porriño son de 2014 e Salceda non ten PXOM, e tamén son municipios que se ven afectados por este Procedemento Simplificado de Valoración Catastral”.

Chegada de notificacións

Na reunión celebrada por videoconferencia tamén se deu conta do próximo comezo da chegada de notificacións do Catastro aos fogares mosenses co valor catastral das súas propiedades (non o que van pagar). Nese momento os veciños afectados deberán dirixirse ao Catastro ou ao ORAL para presentar alegacións e/ou solicitar información ao respecto, xa que existe un convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Catastro polo que este delega no ORAL as competencias de atender e explicar á veciñanza contribuínte este tipo de situacións e/ou procedementos e, en xeral, todo asesoramento e atención ao público necesarios no que a recadación de impostos e taxas se refire

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES