sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 100 ingresados en UCI por COVID-19

Galicia baixa dos 100 ingresados en UCI por COVID-19

Menos de 100 camas de UCI ocupadas por enfermos de COVID-19, unha cifra que non rexistraba Galicia desde mediados de xaneiro. Hoxe, segundo datos do Sergas, hai nos hospitais galegos 97 persoas en unidades de críticos diagnosticadas de coronavirus.

En total, hospitalizadas hai en Galicia 472 persoas (-16) con coronavirus: 375 en planta (-8) e 97 nas UCI (-8).

Descenso tamén dos casos activos en Galicia. Segundo o Sergas, hai 4.686 persoas con coronavirus no país, 267 menos ca 24 horas antes. Sanidade detectou 173 novos contaxios, dos cales 156 foron confirmados por PCR.

 

Por áreas sanitarias, a coruñesa segue á cabeza con case o dobre de contaxiados que a seguinte, Vigo:

A Coruña: 1.543 (-69)

Vigo: 771 (-71)

Pontevedra: 683 (-39)

Santiago: 519 (-35)

Lugo: 427 (-29)

Ferrol: 459 (-28)

Ourense: 284 (+4)

As vítimas mortais seguen subindo día a día. O Sergas notificou o falecemento de 4 persoas máis, todas elas por riba dos 70 anos e con patoloxías previas. Van 2.256 falecementos dende o inicio da pandemia en Galicia.

Aumentou o número de probas PCR realizadas: 8.531 (+4.441), das cales deron positivo 156, o cal implica unha taxa de positividade do 1,83 %.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES