jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsO PaísO comité clínico analiza os efectos da desescalada en Galicia

O comité clínico analiza os efectos da desescalada en Galicia

Tras a primeira fin de semana da desescalada en Galicia co levantamento de boa parte das restricións para conter a terceira vaga da COVID-19, os expertos que asesoran á Consellearía de Sanidade deciden hoxe se é preciso tomar algunha nova medida para evitar un empeoramento da incidencia.

A doutura e exconselleira de Sanidade, Pilar Farjas:

A área sanitaria da Coruña e a de Ferrol son as que máis lles preocupa ao comité clínico. Nelas prodúcense altas de persoas infectadas que están a pasar a enfermidade nos seus domicilios pero o número de hospitalizados mingua lentamente, tanto dos que se atopan en planta como en UCI.

A doutora e exconselleira de Sanidade, Pilar Farjas, membro do comité clínico, advirte de que en cidades importantes como A Coruña e Ferrol a incidencia aínda segue a ser alta e preocupante, ao estar considerada en alto risco.

Detectáronse numerosos incumprimentos en sectores como a hostalería, especialmente os dous primeiros días de desescalada. Na última xornada, coa chegada dos días laborais e a notificación de sancións, as galegas e galegos parecen comezar a cumprir mellor as normas tales como levar posta a máscara, salvo no breve momento de  inxerir comida ou bebida.

En conxunto, Galicia está xa en nivel medio de risco e, segundo os expertos, coa actual evolución, quedaría en risco baixo a finais desta semana.

O estudo de augas residuais da Coruña detectou un aumento da carga viral na última semana.

O comité clínico analiza esta tarde os datos tras os primeiros días de alivio das medidas. Preocúpanlle os incumprimentos detectados e advirten que aínda que segue habendo melloría, os pasos atrás na desescalada non se descartan nas próximas semanas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES