sábado, julio 27, 2024
InicioNewsComarcasMondariz Balneario, o único concello das comarcas libre de COVID-19

Mondariz Balneario, o único concello das comarcas libre de COVID-19

Modariz Balneario é o único concello das comarcas que está libre de COVID-19 tanto a 7 días como a 14. Mos e Pazos de Borbén seguen na zona de risco a dúas semanas.

Así, Modariz Balneario é o único concello das comarcas que está libre de COVID-19 tanto a sete días como a 14, segundo o SERGAS. Sanidade actualiza agora os datos dos municipios galegos incluíndo a incdiencia acumulada nunha semana. Este cambio pode deberse a que as cifras relativas ao coroanvirus a 7 días téñense en conta, á hora de engadir, ou non, unha localidade nun nivel máis restrictivo da desescalada.

Mos continúa na zona de risco, superior os 250 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, con 46 positivos entre a súa veciñanza. A sete días, son 28 novos casos e cunha incdiencia superior a 125. De igual maneira ocorre en Pazos de Borbén, que, aínda que non rexistra máis de nove casos en dúas semanas nin tampouco en sete días, polo seu númemero de poboación a súa incidencia supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas.

Os concellos das bisbarras que teñen un nivel máis restrictivo na desescalada son Oia e Redondela. No caso de Redondela, o municipio segue sen superar os 150 casos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes e a sete días, rexistra unha incidencia inferior os 125 é en Oia onde se mellora a situación epidemiolóxica pois son menos de nove persoas con COVID-19 diagnosticadas en dúas semanas e ningunha en sete días.

A maioría dos concellos das comarcas comparten incidencia tanto a sete días como a 14 días coa cidade de Vigo. Non superan os 150 casos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas e en 7 días non chegan aos 75: O Covelo, Ponteareas (+3), A Cañiza, Salceda de Caselas, As Neves, Baiona, Nigrán, Tomiño e Gondomar.

No caso de Tui, a súa incidencia é superior nunha semana ao pasar dos 75 contaxios ao igual que ocorre na Guarda. O Porriño supera os 150 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, con 32 novos diagnosticados, pero non alcalza a zona de risco, xunto con Fornelos de Montes.

O Rosal, Oia, Salvaterra de Miño e Arbo non contan con ningun novo contaxio en COVID-19 entre a súa veciñanza nunha semana pero si a 14 días cunha incidencia inferior os 50 casos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES