jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA ampliación do Museo do Pobo "permitirá ofrecer un cadro máis completo...

A ampliación do Museo do Pobo «permitirá ofrecer un cadro máis completo de Galicia»

O presidente, Albero Núñez Feijoo, salienta que a ampliación «permitirá ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia ao incluír un percorrido pola historia autonómica»

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a ampliación do Museo do Pobo Galego permitirá ofrecer un cadro aínda máis completo de Galicia, ao incluír un percorrido pola historia autonómica. Durante o acto de inauguración da ampliación, Feijóo explicou, deste xeito, que esta obra facilitará ao museo unha suma de espazos e equipamentos na área do convento e na ala sur, que servirán para aumentar a oferta de contidos e habilitar este novo apartado cultural de primeiro nivel.

Así mesmo, salientou que, ademais dos 1.600 metros cadrados máis de superficie, o edificio conta cunha fachada e cuberta renovadas; cun mellor illamento; e cunha mellor comunicación, ao dispoñer dun ascensor de alta capacidade e dunha escaleira vertical que une todas as plantas.

Consolidado ao longo das últimas décadas como un referente da nosa rede museística, sen o cal sería máis difícil explicar e divulgar a nosa identidade, Feijóo lembrou que este museo é “unha iniciativa de país”. “Por riba das individualidades, no seu espazo reivindícanse os vencellos comúns que unen aos galegos como pobo. Estamos a falar dun espazo vivo que funciona como divulgador da nosa historia, da nosa etnografía e da nosa cultura material e inmaterial, para coñecernos e para darnos a coñecer ao resto dos pobos”, explicou.

O presidente da Xunta aproveitou o acto para reiterar o compromiso da Xunta con todas as dotacións e equipamentos culturais da Comunidade. “Un compromiso que está acompañado de cifras”, dixo, referíndose ao investimento de 36 millóns de euros que se está destinando aos museos no marco da nova lei entre 2019 e 2022. Logo de precisar que a achega este ano supón un 12% máis con respecto a 2020, ademais de incluír a programación de actividades nos diferentes centros; o responsable do Executivo galego recordou, tamén, a recente aprobación da Lei de Museos.

Ao respecto, afirmou que con este novo texto “péchase un círculo virtuoso que estamos a trazar, despois da aprobación da Lei de Bibliotecas ou a Lei de Arquivos e Documentos”.  Non en van, con estas normas refórzase o prestixio da rede museística galega, coa creación do Sistema Galego de Centros Museísticos, que mellorará a coordinación, organización e funcionamento dos mesmos; unha rede na que este museo seguirá a ser a cabeceira simbólica dos museos antropolóxicos galegos.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS