domingo, febrero 25, 2024
InicioNewsO PaísÁbrese o prazo de admisión nos colexios para o vindeiro curso

Ábrese o prazo de admisión nos colexios para o vindeiro curso

Dende este luns e ata o 22 de marzo. Este procedemento vai dirixido para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema, así como para aquel de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles

 As solicitudes de admisión poden presentarse tanto de xeito telemático na aplicación informática creada para tal fin ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción.
As listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaranse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES