sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA iguadade no día a día do Rosal

A iguadade no día a día do Rosal

O Concello quere continuar revolucionando mentes e que a igualdade estea presente todos os días do ano nos distintos ámbitos. Por este motivo, buscarase que os eventos en materia de igualdade figuren no día a día da axenda municipal e da programación cultural

O Concello do Rosal continuará revolucionando mentes coa posta en marcha dun apartado para esta temática na web municipal no que se recollerá toda a información relativa á igualdade, que estará presente todo o ano nos distintos ámbitos municipais e non só nos habituais actos con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo ou o Día Internacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro.
Xa se está traballando nese espazo no que se darán a coñecer proxectos, exposicións fotográficas, curtas ou recomendacións lectoras.
Neste 2021 dende o Concello apostarase por accións ao aire libre para chegar á veciñanza en calquera momento do día e en espazos seguros. Deste xeito, a Praza do Calvario acollerá a exposición ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra de 11 figuras de diferentes oficios nas que as persoas que se acheguen poden poñer o seu rostro para visibilizar que o traballo non é cuestión de homes ou mulleres, que calquera pode desempeñar o oficio que desexe sen que o xénero sexa un impedimento.
A exposición complementarase cun teito de cristal, unha lona que simula o teito de cristal para que as persoas poidan pasar debaixo e ver algunhas das dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social ou familiar polo mero feito de ser muller e no que se debe continuar traballando para facer desaparecer. “Queremos visibilizar que todas as persoas deben ter os mesmos dereitos independentemente do seu xénero”, sinala a concelleira de Igualdade, Sara Vicente.
Serán máis as accións en igualdade previstas. As rúas do Rosal tinguiranse de morado coa exposición ‘Farrapos morados’ elaborada polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier, que crearon unhas lonas con palabras cheas de contido coas que traballar e sensibilizar a prol da igualdade. Pola súa banda, a ANPA do CRA María Zambrano tamén participará coa súa exposición ‘Iguais somos +’.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES