jueves, noviembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaMos empodera á muller na súa faceta laboral

Mos empodera á muller na súa faceta laboral

No acto central do Día da Muller homenaxearase ás 58 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, polo seu gran labor durante esta crise sanitaria

O programa do Concello de Mos organizado con motivo do Día da Muller ten como obxectivo visibilizar o feito de que as mulleres poden desenvolver calquera profesión, incluídos os historicamente considerados ‘traballos de homes’. Para elo, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo uniformouse coa indumentaria de soldadora para presentar o cartel conmemorativo xunto coa protagonista do mesmo, Tatiana González Arias, única muller que cursa o AFD (Accións Formativas para Desempregados/as) de soldadura que se imparte na Axencia de Colocación de Mos.
O devandito cartel foi, así mesmo, deseñado por David Sánchez Freitas, alumno-traballador do Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade (especialidade de deseño gráfico), que tamén se está a desenvolver na Axencia de Colocación. O alumnado deste obradoiro ten un papel moi importante na programación do 8M deste ano pois foron os encargados de deseñar os 8 carteis que conmemorarán diariamente esta efeméride durante esta semana. Publicarase un cada día nas redes sociais e páxina web do Concello de Mos.

Ademais a programación deste ano incluirá moitas outras iniciativas como a proxección da imaxe conmemorativa do Día da Muller na pantalla da rotonda das Angustias desde o 5 ata o 9 de marzo. A lectura dun manifesto no Campo de Fútbol das Baloutas previo ao partido na casa do U.D. Mos Feminino o domingo 7 de marzo. E unha programación diaria en liña incluída no programa municipal Vive Mos nas Redes mediante a que todos os días publicarase no Facebook do Concello a historia dunha muller emblemática e/ou referente así como outro tipo de diferentes actividades tales como un monólogo, accións relacionadas coa muller conmemorativas do Día da Poesía o 21 de marzo e o concurso de TikTok “Mos pola igualdade”, certame que, ao redor do hashtag #Mosporlaigualdad, recompilará vídeos na rede social TikTok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo. Formar parte do certame é tan sinxelo como subir un vídeo á plataforma Tik Tok co hashtag do concurso e encher un formulario de inscrición (onde tamén se poden consultar as bases). O certame conta con dous premios, un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo premio dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 12 de marzo e os gañadores daranse a coñecer o 16 de marzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS