sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten 146 pacientes graves de COVID-19

Galicia ten 146 pacientes graves de COVID-19

Os casos activos de COVID-19 en Galicia descenderon aos 8.066 na última xornada pero nas UCI de Galicia continúa habendo 146 persoas, das 729 que seguen hospitalizadas polo seu estado grave ao padecer coronavirus.

A evolución da terceira vaga da pandemia é boa segundo as autoridades sanitarias, especialmente en canto aos contaxios, que descenderon un 63% no último mes desde que se implantaron as máximas restricións o pasado 26 de xaneiro. Non tan bos resultados deron no descenso de ingresados en UCI, que so foi do 25%.

Galicia ten arestora 8.066 casos activos de covid-19 en Galicia, 550 menos ca onte. Segundo informa o portal de Sanidade sobre a pandemia, onte detectáronse 206 novos positivos a través de PCR (213 en total).

 

Por áreas sanitarias a repartición dos casos activos é a seguinte:

A Coruña: 2.647 (-222)

Vigo: 1.261 (-55)

Pontevedra: 1.078 (-72)

Santiago: 869 (-81)

Lugo: 795 (-43)

Ferrol: 838 (-23)

Ourense: 578 (-54)

Nos hospitais estamos por baixo das cifras de abril, segue por riba das do outono. Segundo o Sergas, hai 729 persoas ingresadas (-6): 583 en planta (+3) e 146 nas UCI (-9).

As cifras non son homoxéneras. A área de Pontevedra é a que máis está a sufrir a presións hospitalaria, sobre todo nas Unidades de Coidados Intensivos.

 

Onte o Sergas notificou o pasamento de catro persoas por mor da covid-19, o que eleva a cifra de vítimas da pandemia n país a 2.176.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS