lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaO pan do Porriño rexístrase como Marca Española

O pan do Porriño rexístrase como Marca Española

A Asociación de Panadeiros do Porriño ven de acadar, tras un longo período de tramitación, a consecución por parte da Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, do rexistro como “Marca Española”.

Trátase do primeiro recoñecemento oficial da tradición histórica da elaboración de pan no Porriño e do seu carácter, converténdose con elo, nun pan cunha protección propia.
Os panadeiros do Porriño consideran o recoñecemento como «un éxito colectivo, xa que levábamos moitos anos traballando en potenciar e mellorar a imaxe do Pan do Porriño e este recoñecemento como Marca Española é o primeiro paso para un impulso e difusión maior» sinala o presidente do sector José Manuel Fernández.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS