viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaA Garda Civil controla os accesos motorizados aos montes da Louriña

A Garda Civil controla os accesos motorizados aos montes da Louriña

Fano para previr os estragos que se veñen producindo no patrimonio natural e forestal do Porriño e Salceda de Caselas

O incremento da circulación de vehículos a motor nos montes destes dous municipios durante os últimos meses xa motivara a denuncia de varias Comunidades de Montes e demais usuarios, que puxeron de manifesto o grave prexuízo causado polas motos e os quads.
Por tal motivo, durante a mañá de onte realizáronse de modo simultáneo varios puntos de control nas zonas forestais de ambos. O operativo foi coordinado polo Posto Principal da Garda Civil do Porriño, que contou coa participación das patrullas do Seprona de Vigo e O Porriño e a colaboración dos axentes medioambientais do distrito XVIII Vigo-Baixo Miño.

Unha vintena de denuncias

Ademais do labor disuasorio, evitando o acceso e uso indiscriminado das pistas forestais, por medio destes controis identificáronse e denunciaron unha vintena de condutores de motos e vehículos todoterreo, non só por infrinxir a normativa que prohibe a circulación por unha zona forestal, senón tamén por concorrer outras infraccións do Regulamento Xeral de Circulación, como carecer de ITV e seguro de responsabilidade civil, non respectar o cumprimento do peche perimetral e non empregar a máscara de protección.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES