domingo, abril 28, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta reabre gran parte da hostalería e dos peches perimetrais

A Xunta reabre gran parte da hostalería e dos peches perimetrais

A hostalería reabrirá en toda Galicia agás nos 17 concellos con maior incidencia. Poderá reabrir só nas terrazas nos concellos con incidencia aínda alta e, no interior, naqueles que están en mellor situación, a maioría. Os peches perimetrais tamén se levantan para os municipios con menos casos.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta:

Os centros comerciais reabrirán desde esta fin de semana en toda Galicia. A hostalería tamén reabrirá, aínda que de distinto xeito, segundo a incidencia de contaxios de cada concello e a ocupación hospitalaria.

Os veciños dos concellos con menos de 250 casos por 100.000 habitantes poderán moverse librementen por municipios en igual situación, agás os das áreas sanitarias de Pontevedra, Ferrol e A Coruña, que pola súa elevada ocupación de camas en UCI deberán seguir incomunicados.

A Xunta asesorada polo comité clínico estableceu tres niveis de restricións:

  • Nivel máximo (máis de 500): mantéñense as emsmas medidas: hostalaría pechada, reunións de non conviventes prohibidas e sen mobilidade intermunicipal. Afecta a 17 concellos: Aranga, Cabanas, Carballo, Catoira, Corcubión, O Corgo, Gomesende, A Gudiña, Guitiriz, Larouco, Malpica de Bergantiños, Moeche, A Peroxa, Ponteceso, A Pontenova, Toques e Xunqueira de Espadanedo.
  • Nivel medio (entre 250 e 500): reunións de ata catro persoas non conviventes, hostalaría abren as terrazas ata as 18:00 o 50%, permítese a mobilidade entre concellos na mesma situación, é dicir, coa mesma incidencia. A medida relativa á mobilidade aplícase de xeito homoxéneo (para todos os concellos) nas áreas sanitarias de A Coruña, Ferrol e Pontevedra.
  • Nivel baixo (menos de 250): permítense as reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas, abre a hostalaría cunha limitación de interior ao 30 % e exterior ao 50 %, con barras pechadas e ata as 18:00 da tarde.

Na súa comparecencia tras a reunión do comité clínico de asesores, Feijóo insistiu en que a apertura ten que ser así, gradual, non pode ser máis rápida. Tamén pediu á clientela da hostalería que teña un comportamento individual responsable para que non haxa que volver pechada. Ademais, o presidente galego incidiu na elevada presenza da cepa británica en Galicia, xa é a predominante.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES