sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaDe quen é o cadáver atopado no pozo do Porriño?

De quen é o cadáver atopado no pozo do Porriño?

Efectivos de diferentes grupos da Garda Civil peitearon hoxe a nave do Cerquido para tentar arroxar luz sobre esta cuestión.

Un varón de entre 30 e 40 anos de idade víctima dunha morte violenta. Esa é a principal hipótese coa que traballa a Garda Civil logo de coñecer os primeiros datos da autopsia do corpo do home atopado o domingo no interior dun pozo coa tapa posta en Porriño.

O corpo, en avanzado estado de descomposición, atopábase saponificado, o que indica que levaba meses mergullado na auga. Para identificalo serán analizadas varias pezas dentais, das que se extraerá o seu ADN.

Ademais, tamén se analizarán no laboratorio as probas recollidas onte na nave do Cerquido polos efectivos do Servizo de Investigación da Garda Civil e dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas, que baleiraron o pozo e se introduciron no interior do burato. Entre o material recabado atópanse restos de roupa. Neste senso, cabe recordar que o cadáver estaba semidesnudo.

 O achado do corpo foi por casualidade. Os propietarios da nave, mercada recentemente logo de meses sen actividade, e un pintor que os acompañaba dirixíronse ao pozo para ver se tiña auga. Foi así cómo atoparon o cadáver o domingo pola tarde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS