sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaO centro de saúde do Porriño vacinará a 100 persoas diarias

O centro de saúde do Porriño vacinará a 100 persoas diarias

Están chamados, a partir do luns, os maiores de 80 da comarca, que inclúe tamén Salceda e Mos

O vindeiro luns comezará a vacinación contra a COVID-19 para as persoas maiores de 80 anos e no Porriño o Sergas ten previsto que cada día se vacinen no centro de saúde a un cento de persoas non so do municipio, senón tamén de Mos e Salceda de Caselas.
O calendario de vacinación está programado entre as 08.30 e as 14.30 horas. Cada persoa vacinada debe esperar 15 minutos despois da inoculación para evitar calquera tipo de reacción.
Por outra banda, dende o concello porriñés sinalan que a Policía Local colaborará para evitar aglomeracións, habilitando a marxe dereita da rúa doutor Paz Varela para o estacionamento de coches que trasladen e agarden polas persoas chamadas a vacinar. Unha patrulla de axentes municipais colaborará para manter os protocolos de seguridade e a distancia entre as persoas, tal e como planificaron hoxe Lourdes Moure, concelleira de Seguridade Cidadá e Jesús González, xefe accidental da Policía Local.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES