jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísO conselleiro de Sanidade adianta medidas de alivio o luns

O conselleiro de Sanidade adianta medidas de alivio o luns

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, adiantou este venres que seguramente o luns se decida «algunha medida de alivio» por parte do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia e que se reunirá o 22 de febreiro. Feijóo adiantou reapertura na hostalería pero García Comesaña non especificou.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Ningún alto cargo da Xunta se pronunciou aínda respecto aos peches perimetrais, se os alivios que se tomarán o luns tamén implicarán á mobilidade, actualmente restrinxia en Galicia ao municipio de residencia, agás por motivos laborais, médicos ou de coidados.

Con todo, García Comesaña, nas declaracións que fixo en Ribadavia esta mañá, pediu «prudencia» porque advirte que aínda que os contaxios seguen mellorando, a situación nas UCI «aínda é complicada».

«Paso a paso» insistiu García Comesaña, quen tivo palabras de agradecemento para o traballo do persoal sanitario, tanto dos hospitais coma dos centros de saúde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS