lunes, julio 15, 2024
InicioComarcasVigoTerceiro atropelo en días na Avenida de Ourense, en Cangas

Terceiro atropelo en días na Avenida de Ourense, en Cangas

A Avenida de Ourense, no centro de Cangas, volve ser escenario dun atropelo, o terceiro en semanas.

Unha muller duns 50 anos foi atropelada en Cangas, este venres ao mediodía. De novo, ocorreu no paso de peóns da Avenida de Ourense, á altura do antigo Cinema Galaxia. É o terceiro atropelo en escasas semanas na mesma zona.

A muller cruzaba a estrada cara as 12.00 horas cando foi arroiada por un Renault Clío. O condutor do vehículo resultou ileso. Someteuse a probas de alcol e drogas e deu negativo. A atropelada foi atendida por técnicos de emerxencias do 061 e trasladada en ambulancia a un centro hospitalario en compañía do persoal sanitario do Centro de Saúde de Cangas, que realizou as primeiras atencións.

A ferida atopábase consciente aínda que aparvada. Sufriu unha brecha na cabeza e queixábase de mazaduras e de dor nun cadril. Á zona desprazáronse tamén efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Cangas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES