viernes, mayo 3, 2024
InicioO PaísPontevedraSancionados cinco mozos por facer botellón en Pontevedra

Sancionados cinco mozos por facer botellón en Pontevedra

Unha xuntanza de cinco amigos para faceren botellón en Pontevedra acabou en multas de 600 euros para cada un deles por tratarse dunha reunión de non conviventes, e a maiores dous deles terán que pagar outros 600 euros máis por seren de Poio e de Marín e saltar o límite perimetral vixente.

As inmediacións da rúa Tablada en Pontevedra é un lugar frecuentado por mozos e mozas para reunirse. A veciñanza quéixase reiteradamente porque moitos deles non levan máscara ademais de non seren conviventes.

Con todo, é segundo a Policía Local de Pontevedra unha excepción, posto que segundo os axentes a mocidade estase comportando de xeito exemplar, e os que saltan as normas son moi poucos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES