lunes, abril 29, 2024
InicioNewsO País800.000 euros para as salas privadas de concertos

800.000 euros para as salas privadas de concertos

Trátase dunha liña extraordinaria de subvencións da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de proxectos de programación musical, no marco do Xacobeo 2021.

 Trátase dunha liña extraordinaria de subvencións da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de proxectos de programación musical, no marco do Xacobeo 2021, por parte de salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público.
O executivo autonómico busca, a través desta nova vía de apoio, achegarlles liquidez a este tipo de espazos tanto para enfrontar os efectos económicos do seu peche por mor das restricións aplicadas durante a pandemia, como para retomar a súa actividade en canto a situación sanitaria o permita.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade organiza este martes unha sesión dixital informativa sobre as bases, os requisitos de solicitude e o procedemento abreviado de adxudicación, en réxime de concorrencia non competitiva.
Axilizarase, deste xeito, a tramitación destas axudas, que atenderán por orde cronolóxica e ata o esgotamento do crédito −ou ata o 1 de marzo, no seu caso− todos os proxectos que reúnan os requisitos esixidos. Outorgaranse ata 20.000 euros por sala adxudicataria para chegar a un mínimo de 40 en toda Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES