jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasVigoConfirmado un contaxio da cepa surafricana en Vigo

Confirmado un contaxio da cepa surafricana en Vigo

O primeiro contaxio da variante surafricana da COVID−19 detectado en Vigo está confirmado. Sufriuno dun traballador de 30 anos do sector naval que viaxou a ese país por traballo. Segundo o Sergas este home presentou síntomas ao chegar a España aínda que non requeriu hospitalización e xa foi dado de alta.

O servizo de Medicina Preventiva da área sanitaria de Vigo procedeu á secuenciación do virus nos laboratorios de microbioloxía do hospital Meixoeiro. O pasado día 5 confirmouse a presenza desta cepa e comunicouse ao rexistro internacional GISAID.

Galicia convértese na primeira comunidade autónoma española en localizar esta variante da covid−19, que xunto á cepa británica e a brasileira é unha das variantes consideradas máis contaxiosas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES