sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsO PaísAs UCI galegas superan os 200 ingresados por COVID-19

As UCI galegas superan os 200 ingresados por COVID-19

A presión nos hospitais galegos é preocupante por mor da COVI-19 e nos ingresos continúan en ascenso. Actualmente son 210 as persoas en unidades de coidados intensivos (UCI) polo seu estado de gravidade. En total, son 1.331 os galegos e galegas hospitalizados, o que supón medio cento máis que o día anterior.

Consecuentemente, o Sergas tivo que realizar traslados de pacientes dunhas áreas sanitarias a outras para deixar camas libres de marxe nas UCIS dos distintos hospitais. Sanidade confirma a suspensión de cirurxías non urxentes e garante as operacións urxentes e oncolóxicas.

Na última xornada, notificáronse 30 novos decesos de persoas diagnosticadas de COVID-19, elevando a un total de 1.718, as persoas mortas en Galicia desde o inicio da pandemia.

En canto aos novos casos activos, foron notificados na última xornada 1.644 novos casos diagnosticados, elevando a 22.124 o total de casos positivos actualmente en Galicia.

Por áreas sanitarias, a  A Coruña ten 5.912 (+57) casos activos, Vigo acumula 3.799 (+118) positivos, Ourense rexistra 2.989 (+21), Pontevedra suma 2.246 (+92) casos,  Lugo ascende xa a  2.009 (+31) casos de COVID-19 e finalmente, Ferrol leva contabilizados 1.796 (+90) casos activos na súa área.

O Sergas notifica que se realizaron 13.653 probs PCR (+859), un novo récord na pandemia, das cales deron positivo 1.390. Isto revela unha positividade do 10,18 %, case un punto e medio máis ca onte. É algo superior á media da última semana (10,28 %).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS