sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísOs prezos dispáranse en Galicia en abril un 9,1%

Os prezos dispáranse en Galicia en abril un 9,1%

O IPC disparouse en Galicia en abril pola suba dos prezos cun incremento da inflación do 9,1 % en comparación a abril do pasado 2021, o que supón un incremento de oito décimas por riba da media estatal.

Con respecto aos datos de marzo, o aumento nos prezos foi do 10,5 % na comunidade galega, cunha porcentaxe de 9,8 % superior á media total de España. En comparación co mes anterior, en abril o IPC mantívose estable en Galicia, mentres que no que vai de ano os prezos incrementáronse xa un 3,7 %.

A pesar de que actualmente o IPC atópase en niveis «inusualmente» elevados, o indicador rexistrou unha baixada exponencial nun único mes que é insólita, sendo a maior baixada en só mes desde hai máis de 35 anos, en concreto desde xaneiro de 1987.

O IPC chegou a situarse o pasado marzo no 9,8 %, a súa taxa máis elevada en 36 anos.Por iso os datos rexistrados en abril non deixan ser inusuais, posto que, ademais, o primeiro descenso que experimentou a inflación tras dous meses de fortes ascensos foi no vixente mes.

A moderación interanual do IPC, situada no 8,3 %, está motivada e débese ante todo aos descensos dos prezos da electricidade, un 26,9 %, e os carburantes, un 12,5 % a gasolina e un 9,6% o gasóleo.

Polo seu contra, os prezos dos alimentos rexistraron en abril unha taxa interanual do 10,1 %, tres puntos superior en comparación á de marzo, implicando unha subida xeneralizada da maioría dos seus compoñentes, entre os cales destaca o encarecemento de produtos como a carne, o pan, os cereais ou os legumes, entre outros. Así mesmo, os prezos dos servizos de aloxamento e restauración e dos paquetes turísticos tamén rexistraron unha subida en abril.

No último ano encarecéronse un 35,2 % a calefacción, a iluminación e a distribución da auga; no caso dos aceites e graxas, aumentaron os seus prezos nun 48,4 %; e o transporte persoal é un 13,2 % máis caro debido ao incremento nos prezos dos carburantes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES