As 30.000 doses adicionais da vacina de Astrazeneca que vai recibir Galicia esta semana permitirán que o Sergas comece vacinar a vindeira semana aos galegos e galegas de entre 50 e 55 anos.

Alberto Núñez Feijóo:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves tras o Consello da Xunta que este colectivo recibirá a vacina de AstraZeneca ao estar previsto que Galicia reciba 30.000 doses adicionais a finais desta semana.

Este colectivo unirase á vacinación que xa están a recibir os maiores de 80 anos, os docentes menores de 55 anos, axentes de Policía Nacional, bombeiros, funcionarios de prisións, persoal dos servizos de axuda ao fogar, aos que proximamente se sumarán axentes da Garda Civil e persoal non docente das institucións educativas, entre outros, segundo puntualizou o mandatario galego.