lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaDespregan fibra de última xeración en tres polígonos de Mos

Despregan fibra de última xeración en tres polígonos de Mos

Preto de 130 empresas dos polígonos de Rebullón, Avenida de Peinador e Veigadaña, no Concello de Mos, poderán beneficiarse do despregamento dunha nova tecnoloxía de fibra óptica implantada nos últimos meses por R

Este avance permite unha navegación máis rápida, de ata un Xigabit por segundo, á vez que garante unha maior estabilidade, homoxeneidade e seguridade de rede.
Con esta iniciativa, R dálles resposta ás crecentes necesidades do tecido empresarial da zona en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), coa que mantén un contacto permanente para a mellora das infraestruturas tecnolóxicas dos seus asociados.
Para explicar en detalle os traballos realizados e os beneficios que achega a nova tecnoloxía FTTH, R e AEMOS organizaron esta mañá unha xornada formativa cos socios da entidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS