viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísO paro baixa en Galicia en 1.080 persoas en xullo

O paro baixa en Galicia en 1.080 persoas en xullo

O desemprego diminuíu en Galicia no mes que acaba de rematar. As listas do paro baixaron en 1.080 persoas.

 O paro baixou en Galicia un 0,77 % en xullo, con 1.082 persoas menos persoas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal, co que a cifra total de parados sitúase en 139.850 persoas. Con respecto a xullo do ano pasado, a redución foi do 7,95 %, o que supón 12.084 persoas menos no paro, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo.

Galicia é unha das oito comunidades autónomas nas que se reduciu o paro no mes de xullo. A nivel nacional aumentou en 3.230 persoas, un 0,1 % máis, co que se sitúa en 2.883.812, aínda que é a cifra máis baixa neste mes desde 2008.

No conxunto do Estado o desemprego subiu en xullo. Aumentou en 3.230 persoas , un 0,1 % máis ca en xuño, aínda que se mantén por baixo dos 2,9 millóns de parados, nos 2.883.812 desempregados, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

«Non é a primeira vez que sobe lixeiramente o paro nun mes de xullo» e aclara que a repunta deste ano «foi significativa a partir da metade do mes, en gran parte debido á incerteza internacional» xustificou a ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

A Seguridade Social perdeu 7.366 afiliados en termos medios en xullo, o primeiro descenso para este mes da serie que arrinca en 2001, mentres que o paro tamén cambiou de tendencia e aumentou en 3.230 persoas.

Con esta evolución de xullo, o número total de ocupados queda en 20,34 millóns, mentres que o número de persoas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal é de 2,88 millóns, segundo os datos facilitados este martes polos Ministerios de Traballo e de Inclusión e Seguridade Social.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES