jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísGalicia ten a incidencia de COVID-19 máis baixa de España

Galicia ten a incidencia de COVID-19 máis baixa de España

A incidencia da COVID-19 en Galicia é a máis baixa de toda España. En total, ten agora 466 casos activos, 29 menos que un día antes.

Os contaxios detectados en 24 horas decenderon á metade. Foron detectados 16 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 87 (-10)

A Coruña: 147 (-5)

Pontevedra: 26 (-5)

Santiago: 64 (-4)

Ourense: 73 (+1)

Lugo: 60 (-6)

Ferrol: 9 (=)

Nos hospitais hai 43 persoas hospitalizadas, dúas menos que o día anterior; dez en UCI (+1) e 33 en planta (-3). 

O Sergas notificou un falecemento por mor da covid−19, que alza o número de decesos a 2.644 desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES