viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsA RaiaOs portugueses pagan ata 2 euros por litro de gasolina

Os portugueses pagan ata 2 euros por litro de gasolina

A suba de prezos do combustible en Portugal acada os 2 euros por litro na gasolina de 98 octanos. Non é xeralizado en todas as gasolineiras pero si varias teñen esa cifra récord. Por iso son moitos os portugueses que veñen a Galicia a repostar, podendo aforrar ata 20 euros por encher o depósito.

Este valor histórico que se alcanzou en Portugal esta semana rebaixouse xa nalgunhas estacións de servizo. Aínda que, o prezo da gasolina 98 supera os 1,9 euros o litro. Trátase dunha escalada nunca vista no país veciño, onde os combustibles xa aumentaron até 35 veces este ano.

En Galicia o carburante é un 15% máis barato que en Portugal. E o do combustible non é a única alza que vivirá o país luso proximamente.

Nos novos orzamentos do Estado reflíctese unha suba no imposto sobre vehículos, no de circulación e por outro lado tamén se notará na penalización fiscal por mercar un coche diésel. Esta última, unha medida con vontade ecoloxista, pero que os defensores do medio ambiente consideran insuficiente, mentres que as asociacións de consumidores din que son todas medidas abusivas para o usuario medio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES