Levantamento das restricións aplicadas en decembro para conter a sexta vaga. Galicia permite de novo desde este sábado consumir en barra nos bares e as discotecas abrirán ata as 5.00 horas os sábados e ata as 4.00 horas pola semana. As comidas poderán ser de 8 en interior e 15 en exterior.

 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

O responsable da Sanidade en Galicia, Julio García Comesaña, informou esta mañá da decisión do comité clínico de levantar boa parte das restricións en vigor dende decembro para conter a pandemia na súa sexta vaga.

  • Elimínanse os vetos ás reunións de non convivientes durante a madrugada, o que a Xunta definiu como "toque de non queda".
  • Bares, restaurantes e cafetarías recuperan os seus horarios: poderá abrir até a 1:00 durante a semana e até a 1:30 durante o fin de semana.
  • Pubs e discotecas tamén volven aos seus horarios: peche ás 4:00 entre semana.
  • Permítese de novo consumir en barra.
  • As mesas serán dun máximo de oito acodes no interior e de 15 no exterior.

 

Levántanse as restricións para os concertos e espectáculos, que poderán realizarse de novo de pé nas condicións anteriores. Tamén os cócteles poderanse facer de novo de pé.

Levar máscaras FFP2 ou FFP3 en interiores é unha das principais medidas de protección que podemos tomar para protexernos contra a alta capacidade de transmisión da variante ómicron.


A curva de casos activos continúa a súa forte baixada, aínda que nas últimas 24 horas rexistrouse un repunte dos contagios detectados, con 7.007.