jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia logra 112 bandeiras azuis este 2022

Galicia logra 112 bandeiras azuis este 2022

Galicia ten este ano 112 bandeiras azuis repartidas en 34 concellos. É a terceira autonomía con máis distintivos por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía. De novo, Sanxenxo é o municipio con máis distintivos azuis, 17.

O xurado internacional que outorga este distintivo publicou este mércores a listaxe de areais e portos que conseguiron a insignia no 2022.

Tres novas praias galegas logran distinto azul este ano: Porto Suevos, en Arteixo; Banda do Río, en Bueu, e Santa Baia, en Vigo.

Ademais, a de Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á listaxe de areais galegos con esta distinción, despois de que o ano pasado non a recibira.

Sanxenxo, con 17, é o concello con máis distincións dos 48 países onde se conceden as bandeiras azuis. Galicia ten en Bastiagueiro un caso salientable: é a única praia que leva tendo bandeira azul dende que se crearon en 1987. No interior de Galicia repiten a praia fluvial A Calzada, en Ponte Caldelas, e A Lagoa das Pontes.

Tamén teñen bandeira azul portos deportivos e rutas de senderismo de Galicia:

Na provincia de Pontevedra: C. N. Portonovo, P. D. Juan Carlos I, R.C.N. Sanxenxo, P. D. Cangas e o Monte Real Club de Iates de Baiona.

Na provincia da Coruña: C. N. Boiro-Marina Cabo de Cruz, C. N. Sada e P. D. Sadamar, R. C. N. A Coruña-Marina Real e R. C. N. Portosin.

Na Provincia de Lugo: P. D. de Ribadeo.

Ademais destes distintivos en portos deportivos tamén foron recoñecidas 29 rutas de sendeirismo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES